DENDE O 9 DE DECEMBRO XA PODES MERCAR O DVD E BLU-RAY DE PRADOLONGO

¿Lembras o comezo do verán, o final do instituto, as tardes no río naquelas paisaxes que serán sempre as da túa mocidade?

¿Lembras cando estabas a piques de facerte maior, de aprender o mundo, cando todo era posible?

 

Benvidos a Pradolongo


Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha lagoa glaciar. É o lugar onde pasaron todos os veráns Martiño, Raquel e Armando, quen veñen de abandoar a adolescencia case sen decatarse e se achegan a un novo verán como os anteriores, coas festas e tardes no río...pero esta vez nada vai ser igual.

Pradolongo pode agochar un valioso xacemento de louxa, algo que pode afectar ao entorno pero tamén faciltar a vida das familias. Ante esta circunstancia os rapaces afrotan os seus primeiros posicionamentos como adultos, as súas primeiras responsabilidades, a súa futura actitude ante a vida. Tamén ante o amor, as relación cos seus...

Pradolongo representa a paisaxe dos nosos recordos de infancia, do primeiro descubrimento do mundo, o lugar que asociamos aos nosos pais e avós, a aldea chea de olores, cores e sons, dunha Galicia que está a cambiar e que se move entre o vello e o novo, pero que dalgunha forma serve como refuxio da nosa memoria.

Moitos galegos se recoñecerán nesta película, e éste é un espacio para todos aqueles que o queiran compartir.

Porque todos temos un Pradolongo. ¿Cal é o teu?

Tag:
chuza
Meneame
Digg
NewsVine
Reddit
YahooMyWeb
Technorati
Delicious
Mister.Wong
Webeame
Spurl

9 DE DECEMBRO: SAÍDA Á VENDA DE PRADOLONGO EN BLU-RAY, DVD e CD!

Unha vez máis, PRADOLONGO volve marcar un fito na cinematografía galega ao editarse no novo formato en alta definición Blu-Ray. Artigo publicado en La Voz de Galicia.

Ler +

PRADOLONGO RECIBE O "PREMIO ESPECIAL" DO FESTIVAL DE OURENSE

Na súa XIIIª Edición, o Festival Internacional de Cine de Ourense decide crear un Premio Especial para PRADOLONGO "porque nos apetecía recoñecer o bo traballo e a imaxe que trasmite...

Ler +

PRADOLONGO GAÑA O PREMIO “CIUDAD DE SAN SEBASTIAN FILM COMMISSION”

  O Xurado destaca desta cinta rodada en Valdeorras a brillante representación dos valores paisaxísticos, culturais e sociais do entorno onde foi rodada.  

Ler +

ZELTIA MONTES GAÑA O PREMIO JERRY GOLDSMITH POLA MÚSICA DE PRADOLONGO

·    O Congreso Internacional de Música de Cine "Ciudad de Úbeda" otórgall a Zeltia Montes o Premio á Mellor Música en Longametraxe pola banda sonora da película. 

Ler +
100%
-
+
4
Show options

JSN ImageShow

JSN ImageShow - Joomla 1.5 extension (component, module) by JoomlaShine.com
PDF Imprimir Correo-e

Embaixo, clip de "Quen puidera namorala", de Luis Emilio Batallán e baseada nun poema de Álvaro Cunqueiro. Regravada especialmente para Pradolongo.

 


O verán presentábase como todos os demáis, con festas, tardes no río, excursións a Pradolongo...pero esta vez nada vai ser igual.

 

Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha laguna glaciar. É propiedade dos pais de Martiño, quen ya comezan a notar os achaques tras toda unha vida de duro sacrificio no campo.

Pero pode que ese lugar agache un tesuoro. A comarca progresou gracias á calidade da louxa que se exporta a todo o mundo e Roi -irmán de Martiño- pon todo da súa parte para facilitar as prospeccións en Pradolongo, que poden cambiar a vida da familia.
Ante elo Martiño, de espíritu emprendedor e teimudo, cre que existen outras alternativas.

A louxeira interesada é propiedade da familia de Armando, un rapaz acomodado que xunto a Raquel e Martiño conforman un estreito grupo de amigos da infancia. E os tres están a punto de descubrir o que significa facerse maior: as responsabilidades, os desenganos...así que o amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda de Pradolongo obrigaraos a que se replanteen os seus sonos e os vínculos que os manteñen unidos dende a infancia.

Só os usuarios rexistrados poden escribir comentarios.
Por favor valídate ou rexístrate.


Engade como favorito (146) | Cita este artigo no teu sitio | Vistas7823 | Imprimir | Correo-e

Comentario[s] (13)
_AKOCOMMENT_RSS
1. 27-05-2008 19:42
uqero baixar a peli ou comprala
quero baixar a peli ou coprala pa que meus pais que nona viron no cine a poidan ver,a min gustoume moito e quero q eles a poidan disfrutar porque creo q lles gustara moito.
Escrito por Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver (Convidado/a)
2. 26-05-2008 00:21
Unha opinión máis
Nós vímola hoxe en Cee porque en Santiago nin o Valle-Inclán nin Área Central a proxectaron. Pareceume unha película sinxela e pouco pretenciosa polo que me resultou agradable e levadeira. Sabiamos ao que iamos e ninguén nos enganou pensando que teriamos diante de nós a verdadeira cuarta parte de Indiana Jones. Unha de cal: non fai moito estivemos en A Rúa e agradecín especialmente a intención da película de amosa-la fala propia da zona... porque debo dicir que, cando menos nese municipio, o galego non se estila moito; e unha de area: o remate é o lóxico, isto é, amor entre eles, guai, que diver, pero, machiño, a empresa quedou cos terreos. Certo. Pero normalmente, en Galicia as cousas non furrulan así. Non hai ceros á dereita cos que flipar ao ler un contrato. Aquí, os medios son outros.
Escrito por Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver (Convidado/a)
3. 18-05-2008 01:52
PRADOLONGO EN MADRID
Hola a todos, gustariame saber se poderemos ver pronto esta pelicula da que todo o mundo fala nunha cidade como Madrid, vivo aqui desde fai anos e estaria encantada de podela ver. A ver se alguen di algo. Moitas gracias!!! 
Felicidades pola pelicula!!! 
 
Biquiños!!
Escrito por eu (Convidado/a)
4. 15-05-2008 18:07
PRADOLONGO EN MADRID
Como pregunta Carlos, gustaríame saber se a película poderá verse fora de Galicia. Vivo en Barcelona pero os meus pais son de Xares (a aldea ós pes da lagoa de ocelo, onde se rodou parte desta película) e teño moito interese en vela. Creo que sí hai xente emigrante que veria a película en cines pequenos de cidades como Barcelona. 
 
Graciñas!
Escrito por xarela76 (Rexistrado/a)
5. 12-05-2008 01:10
PRADOLONGO EN MADRID
Hola , solo deciros ke me gustaria ver esta pelicula, hay alguna forma de conseguirla? si alguien lo sabe ke me lo diga porfavor , yo soy nacido en LA RUA PETIN, pero resido en Barcelona desde hace años. 
muchas gracias
Escrito por Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver (Convidado/a)
6. 10-05-2008 14:45
felicidades
antes que nada queria felicitarvos polo voso exito, q pola vosa idea. 
Parece unha iniciativa moi boa a verdade unha idea nova q triunfa en Galicia xq é unha boa idea. Acheganos a todos os galegos a nosa realidade, xq todos mais ou menos temos unha aldea onde pasamos o veran, ou dond temos eses recordos da nosa infancia. 
Acerca do comentario de ferrolano
A pelicula triunfa aki xq esta feita en galego, q xq esta pensada asi, e un reflexo da nosa cultura. Quizais x aí adiante no teña tanto exito, pero sinceramente prefiro pagar os cartos do cine x ver pradolongo q x ver outra americanada destas q se basan sempre no mismo, e cas non me sinto para nada identificada. 
A pelicula ten vacas si, e q? Son unha realidade na cultura galega, levamos toda a vida "unidos" a elas e é do q mais falamos xq é o noso. 
E ainda q os actores non sexan tan experimentados km o poden ser outros si souberon levar a pelicula, e facer q moitos nos sentisemos identificados, xq non sei de fun eu soa, pero creo q se o final da pelicula, hai alguen mais q levase a misma pena q eu x vender pradolongo xa se deberian de dar x satisfeitos ou actores. 
Sinceramente, creo q o teu problema non é soamente coa pelicula, se non coa cultura galega, da q x outro lado estou moi orgullosa, xq mais q logras criticar con un pouko de xeito son as costumes galegas, coma o idioma, o caldo, ou as vacas......pero eso é o noso. 
A min visñestesma promocionar o meu instituto en lugo o IES A Piringalla, e o dia q estrenou xa fun vela. 
De verade me parece moi boa pelicula, e desexovos moito mais exito do q xa tedes. 
Un saudo
Escrito por Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver (Convidado/a)
7. 03-05-2008 17:51
Película discriminada??
Malia que o do comentario 4 non ten nin ideia de escribir en galego normativo..ese si que dá moita pena. Alégrome de que se sacase unha obra en galego , sexa cal sexa, xa que a produción aquí en galego sinceramente deixa moitísimo que desexar. Eu teño unha dúbida. Estes días estáse a falar de que se fixo un filme feito en galego e que ningún cinema de Galicia aceptou proxectar nas súas salas...é iso verdade??? Non o aceptan polo feito de que non van gañar cartos xa que a poboación galega está altamente castelanizada e prefire ver filmes en castelán :( (ríome deles) ou simplemente se trata doutra discriminación máis cara ó noso idioma??? Gostaríame que me responderades ó meu mail porque a verdade é que esta nova me fodeu e moitísimo.Eu non vin esta obra teatral, pero douvos igualmente os meus parabéns porque calqueira persoa que estea a promover o teatro e o cinema en galego merece toda a miña admiración..eu estou a loitar polo galego, non son radical, pero si penso que o galego precisa millorar en tódolos campos, estou moi preocupada pola situación deste idioma..e sinceramente xa estou máis que farta da xente facha que pensa que o galego non serve pra nada. Gustaríame que me responderades ó meu mail aclarándome a dúbida que teño, Moitas graciñas.
Escrito por Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver (Convidado/a)
8. 25-04-2008 11:40
uiiii!!
jpe,deixei o mismo komn¡entario un monton de veces!!jajaja
Escrito por asdfghjkl (Convidado/a)
9. 25-04-2008 11:38
para roberto!!
roberto,estas mui weno!!o lunes imos a ver a peli!!seguro ke está moi ben,tanto koma ti!!jeje.veña moitos besos wapísimo 8)
Escrito por mncvdcdyi (Convidado/a)
10. 23-04-2008 18:41
eses¡¡¡
oas¡¡que tal? 
eu respecto o comentario do ferrolano claro que en madrid non vai a ter exito porque non a vai entender nadie pero en galicia ten moito exito debido e que e 1 gran pelicula e teremos que falar de vacas ou deso todo porque por moito que nos digan a xente de a fora senon fora por nos non haberia leite nin nada asique nos somos os mellores ah e os actores claro que son profesionais fanno moi ben e averia que verte a ti no sitio de Roberto que ainda acaba de empezar haber que farias. Esta pelicula esta arrasando e por algo sera... 
 
espero k sigades con este exito porque o merecedes de verdade e non lle fagades caso a esa xente porque valedes moito e de 13000 persoas solo 10 poden pensar eso porque o resto esta con vos 
 
1besazo para todos
Escrito por mary16 (Rexistrado/a)
11. 21-04-2008 17:38
comentario
pareceme penoso , sinceramente que intentedes con esta pelicula batir records. non nos engañemos, esta pelicula triunfou en ourense e nas zonas galegas xk esta feita aki. levadea a madrid aer k tal lle vai. e a diferencia entre una pelicula galega e outra americana( mais k nada no preosuposto)). veña diexadevos de intentar facer parvadas e dedicadevos as vacas k nin nas peliculas as podedes sacar,... dades vergoña..__.. por esto nos consideran en outras cidades uns jailans , xk nos sabemos mais k falar de vacas, caldo , e merdas asi-..- = k o do idioma galego. esta moi ben usalo pro ai kada lei k ya se pasa. escribo en galego x educacion mais k por outra cousa. os actores son penosos. se nota k ainda non son profesionais. a peli se lle ocurre a un cativo de 10 anos nunha tarde aburrido-.. un saludo..,, soamente expreso a miña opinion , e se e verdade iso de k non hai man por medio, este comentario non deberia ser borrado pork e unha opinion mais. un saludo.null :eek :cry
Escrito por Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver (Convidado/a)
12. 17-04-2008 19:41
comentario
hola!!!vititastes o meu instituto leixa en ferrol hoxe é a verdade que agradoume moito a vosa visita.estou deseando que chegue mañá par ir ver vosa pelicula. 
 
as vosas firmas gradareinas con moito aprezo e ilusion. 
 
un abrazo 
tamara :)
Escrito por Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver (Convidado/a)
13. 29-03-2008 19:48
Parabens
Non sei moi ben onde estou comentando esto...espero que chegue a ser leido por alguen.Quero darvo-la noraboa.Fun o teatro Lauro Olmo a ver Pradolongo,e gustoume tanto que volvin cando se estrenou en ourense.Son de Viana do Bolo e dou fé das alucinantes paisaxes que hai pola zona.Encantoume a película,o seu argumento fixo emocionarme,e tamén me gustou o atentos que sodes os protagonistas e o director,xa que vos vin no i.e.s.universidade laboral(xa que estudo ali) e na presentación en ourense,e pareceume que tedes un excelente trato coa xente.Un abrazo a Rubén,Roberto e Tamara polo seu traballo,e a Ignacio,espero seguir vendo films tan bós.Apertas!
Escrito por maria_viana (Convidado/a)

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
Tag:
chuza
Meneame
Digg
NewsVine
Reddit
YahooMyWeb
Technorati
Delicious
Mister.Wong
Webeame
Spurl

Fotos dos amigos de Pradolongo

 

Ollo, para deixar comentarios hai que terse rexistrado!!

Amigos Pradolongo. Entra coa túa conta ou crea unha

PRADOLONGO, Líder de audiencia na súa emisión no prime time da TVG

Éxito de Pradolongo tamén na súa estrea en televisión.

 

Había tempo que un filme non tiña tan bós resultados de audiencia na TVG, tendo en conta incluso as producións norteamericanas.

 

A película fixo un 20 %, facendo ademáis líder da noite na FORTA a TVG.

 


Aquí podedes ver a nova de Formula TV:

 

http://www.formulatv.com/1,20090401,10904,1.html


 

Tag:
chuza
Meneame
Digg
NewsVine
Reddit
YahooMyWeb
Technorati
Delicious
Mister.Wong
Webeame
Spurl

PRADOLONGO, PREMIADA NA CIDADE NORTEAMERIANA DE UTAH

 

PRADOLONGO ven de recibir o recoñecemento do Park City Film Music Festival, que na súa edición 2009 incluíu a película entre as mellores da categoría de longametraxes de ficción. Das sete medallas de ouro deste apartado que valora “o mellor impacto da música nunha longametraxe de ficción”,  PRADOLONGO obtivo o “Director´s Choice Gold Medal for Excellence”.

Estes premios otórganse ao director, compositor e produtor musical, que no caso de PRADOLONGO son: Ignacio Vilar (Director), Zeltia Montes (Music) e Nani García (Music Supervisor).

 
O Park City Film Music Festival (PCFMF) celébrase na cidade de Park City, no Estado de Utah ao sudoeste dos Estados Unidos. Segundo a propia compositora, Zeltia Montes, que estivo presente na proxección, os espectadores estadounidenses manifestaron o seu interese por coñecer máis aspectos da nosa cultura e eloxiaron as paisaxes e a historia da longametraxe.

Máis información:

Páxina web do  Festival:  http://parkcityfilmmusicfestival.org

Tag:
chuza
Meneame
Digg
NewsVine
Reddit
YahooMyWeb
Technorati
Delicious
Mister.Wong
Webeame
Spurl

O que di a xente sobre Pradolongo

olaa!! 6insitutos nun so dia? non esta nada mal a verdade.... aber cando vos toca vir polo instituto de monterroso......
30/11/08 18:19 Máis...
por soki_crazy69

ola!
olaa!! encantoume esta pelicula... ao comezo,pensaba que era un rollo,,,pero despois dinme de conta de qe era unha pre...
30/11/08 01:00 Máis...
por soki_crazy69

:) ;) es mu bonita la pelicula en serio me gusto muxo me tienes k dar tu msn y el de los demas jejeje
03/11/08 23:45 Máis...
por noeloka_peke

Solicitude de información
Bon día. Son Miguel Gutiérrez, membro da Asociación Cultural Arrincadeira de Riotorto en Lugo. Gustarianos moito poder ...
04/06/08 10:40 Máis...
por reborica

son do manuel garcia barros e hoxe vin por primeira pero non ultima a pelicula de pradolongo q m encantou gustariam ...
03/06/08 22:46 Máis...
por olalla gz

Enquisas

E se Pradolongo agacha un valioso xacemento de lousa?
 

Últimos vídeos

Pradolongo en la TVG
la famosa ESCENA FINAL DE PRADOLONGO

Que podes facer aquí?

* Ver información sobre a película así como fotos e vídeos do equipo, dos actores, etc...

 

* Deixar os teus comentarios e as túas impresións, tanto se xa viches o filme como se aínda non. Podes comentar case todas as seccións, vai onde queiras e di o que che pareza!!

        · Se queres deixarlle un comentario a Rubén Riós preme aquí

        · Se queres deixarlle un comentario a Tamara Canosa preme aquí

        · Se queres deixarlle un comentario a Roberto Porto  preme aquí


    * Podes rexistrarte , crear un perfil propio, e facerte amigo/a Pradolongo. É ben sinxelo...e de balde.


    * Se te rexistras poderemos enviarche información da película, das súas presentacións, e ser testemuña privilexiada de como vai crecendo o fenómeno Pradolongo.


    * Os usuarios rexistrados poderedes subir fotos, vídeos, e ata ter un blog propio para compartir o teu Pradolongo se así o queres. A mandar!

 

   * Novo: a petición popular habilitamos un Faladoiro (¡chat!). Atento/a aos anuncios para poder volver a falar con Rubén, Tamara e Roberto.

 

 

 

Tag:
chuza
Meneame
Digg
NewsVine
Reddit
YahooMyWeb
Technorati
Delicious
Mister.Wong
Webeame
Spurl

Faladoiro Pradolongo (¡CHAT!)